En Campo das Hortas comezaron os traballos de condicionamento das novas hortas urbanas
Haberá un total de 53 hortas de 60 metros cadrados cada unha
Os traballos de acondicionamento das novas hortas urbanas de Campo das Hortas comezaron onte e durarán ao redor dun mes e medio. Haberá un total de 53 hortas de 60 metros cadrados cada unha, cunha extensión total de 4.112 metros cadrados. O obxectivo e que os terreos empecen a ser cultivados ao longo do mes de marzo.
Xan Duro, concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, informou onte dos inicios de acondicionamento das hortas urbanas, mostrando a súa satisfacción porque este proxecto "por fin se faga realidade, grazas ao acordo acadado cos propietarios dos terreos". A partir do mes de xaneiro tense previsto abrir o prazo de inscrición para utilizar as hortas e terán preferencia as persoa xubiladas ou prexubiladas do barrio. A concesión fais por un prazo de dous anos, que pode ser prorrogado ata un máximo de catro.
Con este espazo, Santiago contará xa con máis de 240 hortas urbanas repartidas en sete áreas. O Concello ten previsto acondicionar nos próximos meses outro espazo de hortas urbanas en Santa Marta.