miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres feridos nunha colisión entre tres turismos y un camión en Boiro

Tres feridos nunha colisión entre tres turismos y un camión en Boiro
Foto de arquivo
Tres feridos nunha colisión entre tres turismos y un camión en Boiro

Unha vez evacuados os feridos e quedar limpa a vía, a circulación quedou totalmente restablecida

Un choque por alcance na Autovía do Barbanza entre un camión e tres turismos deixa dúas persoas feridas.

No momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban ao redor do punto quilométrico 23 da AG-11, á altura da parroquia boirense de Cespóns, dirección Coruña.

Faltaban dez minutos para as 20:00 horas da tarde de onte cando un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Aínda que non aseguraba si había persoas feridas, si indicaba que que había restos do accidente espallados na calzada e que os vehículos entorpecían a circulación.

Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia axiña se alertou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Boiro. Así mesmo, informouse aos axentes de Tráfico, da Policía Local, aos efectivos de Protección Civil e ao persoal do servizo de Control da Autovía. Foi preciso interromper o tráfico no carril afectado mentres se procedeu á evacuación dos feridos e limpeza da vía.

Comentarios
Lo más