Situación intermedia en Compostela con ceos anubrados durante este martes
09:09 27/11/18
09:09 27/11/18
En Compostela a temperatura mínima será de 7ºC e a máxima chegarán aos 12ºC
O martes Galicia continuará nunha situación intermedia entre unha borrasca situada ó oeste de Irlanda e un anticiclón ao sur da península Ibérica.
Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes no litoral de Pontevedra e oeste da provincia da Coruña onde se rexistrarán orballos, e menos nubes canto máis ao leste da Comunidade.
As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, as máximas sen cambios. En Compostela a temperatura mínima será de 7ºC e a máxima chegarán aos 12ºC.
O vento soprará de compoñente sur, forte no litoral e zonas altas.