miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG traslada as demandas de servicios básicos para Santa Marta

O BNG traslada as demandas de servicios básicos para Santa Marta
O BNG traslada as demandas de servicios básicos para Santa Marta

Suavizar as beirarrúas cortantes, abrir os colectores de lixo soterrados, instalar papeleiras e placas cos nomes das rúas, son algunhas das demandas dos veciños

Goretti Sanmartín Rei, portavoz do grupo municipal do BNG, trasladoulle ao Goberno local as demandas da veciñanza de Santa Marta que leva máis de dous anos sen servizos básicos municipais porque aínda non se fixeron as obras de urbanización que lle corresponden.

“No barrio de Santa Marta construíronse nos últimos anos novos edificios, co que implica de necesidade de urbanización e dotación de instalacións públicas para atender ese núcleo de poboación”, explicou en rolda de prensa. Os veciños teñen que desprazarse até 300 metros para depositar o lixo nos tres colectores pre-existentes aos novos edificios, porque non hai á beira das novas construcións. Tamén resultan insuficientes para o número de habitantes, pois sempre están rebordados e con bolsas amoreadas polo chan. Nalgunha zona hai colectores soterrados que levan máis de 2 anos pechados con candeados e inhabilitados. 

Outra das peticións é a instalación de placas cos nomes das rúas e sinais de tráfico acordes ao trazado actual. Tampouco hai papeleiras nas zonas de paseo e as persoas que levan cans non teñen onde depositar as bolsas con excrementos ao non haber tampouco colectores de lixo.

Reclaman tamén unhas fileiras de árbores no aparcadoiro de Santa Marta e nalgunha zona onde instalaron bancos, para humanizar os espazos, dar sombra e facela visualmente máis agradábel. Porén, a vexetación medra nos soares pendentes de construír e mesmo invade zonas de paso.

Por outro lado, hai queixas coas beirarrúas porque, ou ben están desfeitas polas obras, ou as novas incumpren as normas de accesibilidade pola altura e pola falta de rebaixe, co que as zonas de aparcadoiro son verdadeiras coitelas onde rachan rodas dos coches cada semana. A Veciñanza afectada reclamou o importe das reparacións e cambio de rodas rachadas.

O BNG trasladará unha moción ao pleno de decembro con estas reivindicacións veciñais, que non requiren un grande esforzo orzamentario, para incrementar a calidade de vida con estes servizos básicos municipais no barrio de Santa Marta.

Comentarios
Lo más