O pleno debaterá a aprobación do Regulamento orgánico de Participación Cidadá do Concello de Ames
Tamén abordaránse dúas propostas presentadas polo Partido Popular e Pacto por Ames
O próximo xoves, 29 de novembro, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro.Un dos temas que figura na orde do día de dita sesión plenaria foi a aprobación inicial do Regulamento orgánico de Participación Cidadá do Concello de Ames. O Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Ames foi definitivamente aprobado en abril de 2016.
A disposición adicional I do ROM establece que a participación cidadá será obxecto de tratamento nun regulamento específico. Tras diversas reunións cos grupos municipais da Corporación elaborouse unha proposta de Regulamento orgánico de Participación Cidadá. Agora, será a Corporación municipal a que aprobe, se procede, de xeito inicial, dito regulamento.
Por outra banda, abordarase a aprobación, se procede, dos textos refundidos da Relación de Postos de Traballo (RPT); do Convenio colectivo do persoal laboral; e do Regulamento do Fondo de Acción Social (FAS) do Concello de Ames.
Asemade, abordaranse dúas propostas presentadas, de forma conxunta, polos grupos municipais do Partido Popular e de Pacto por Ames para dotar ao Concello de Ames dunha Comisaría da Policía Nacional, adscrita á de Santiago de Compostela, e sobre a realización de actividades para conmemorar o 40 aniversario da Constitución Española.