A obra de Joan Miró na Casa do Concello de Ribeira
Poderase visitar ata o 12 de xaneiro de 08:00 horas a 15:00 horas
Onte tivo lugar a apertura dunha mostra dedicada a Joan Miró na Casa do Concello que permanecerá ata o 12 de xaneiro. Nela exhibense medio cento de láminas do autor, das cales unha trintena están conformadas por litografías dedicadas a diversas actividades culturais, tales como exposicións, presentacións literarias, xornadas musicais ou acontecementos deportivos como o Mundial de Fútbol de 1982 ou a Volta Ciclista á España. A mostra pode ser visitada de 08:00 horas a 15:00 horas.
A outra vintena de gravados está formada polas ilustracións que o creador catalán efectuou sobre a o libro Femmes do escritor francés Claude Simon, premio Nobel de Literatura.
Para o acto de apertura acudiron o alcalde Manuel Ruiz, de María José Carreira como comisaria da mostra e o director do museo de Artes, Pastor Rodríguez. Como novidade respecto ás exposicións celebradas con anterioridade no Consistorio municipal, vanse organizar visitas guiadas cada mércores ás 12 do mediodía. Os interesados poden apuntarse enviando un correo electrónico ao enderezo oac@riveira.com ou ben chamando ao número 981 871 050.