miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Escolares de Galicia coñecen a orixe da auga mineral natural, o seu valor para a saúde e a súa importancia

Escolares de Galicia coñecen a orixe da auga mineral natural, o seu valor para a saúde e a súa importancia
Escolares de Galicia coñecen a orixe da auga mineral natural, o seu valor para a saúde e a súa importancia

A Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural promove unha serie de talleres en colexios de toda Galicia

A Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN) ten en marcha o proxecto As augas minerais como recurso mineiro e fonte de saúde cuxa finalidade é contribuir a un mellor coñecemento do sector mineiro galego a través da posta en valor da auga mineral natural como recurso.

No marco deste proxecto vaise iniciar unha campaña de sensibilización entre os escolares da comunidade. Arrancarase cunha serie de talleres en catro colexios de Galicia, un por provincia, e que se irá ampliando no 2019. O primeiro destes talleres celebrarase hoxe no CEIP Princesa de España de Verín para alumnos de cuarto de Primaria. O xoves 29 terá lugar en Santiago de Compostela, no Colexio Compañía de María, dirixido aos alumnos de sexto. O venres 30 será no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria para rapaces de quinto e sexto. E o 4 de decembro o taller desenvolverase en Baiona, no CEIP de Fontes-Baíña, con escolares de terceiro e cuarto de Primaria. Aos rapaces entregaráselles o libro Unha gota é un océano, de Auga Editora, xunto a material didáctico que lles permitirá achegarse a este recurso de xeito práctico. 

Os escolares terán a oportunidade de valorar a auga mineral natural como un elemento de especial singularidade de Galicia, fonte de saúde e de riqueza, equilibrado co coidado ao medio e a protección do contorno dos acuíferos. Afondarán na condición e orixe mineira das augas minerais naturais. E incidirase nos beneficios que a explotación racional deste recurso ten para a poboación e para o desenvolvemento económico das comarcas nas que se sitúan as envasadoras.

Este proxecto ten ademais un carácter sensibilizador, xa que se reflexiona sobre a importancia do uso axeitado da auga. Nesta liña, abordaranse os hábitos de consumo responsable e expoñeranse recomendacións para a mellora do seu uso. Os nenos aprenderán unha serie de trucos para aforrar auga no colexio e nos seus fogares.

Comentarios
Lo más