miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Encontro entre a Asociación Veciñal do barrio de San Pedro e Xoán Bascuas

Encontro entre a Asociación Veciñal do barrio de San Pedro e Xoán Bascuas
Encontro entre a Asociación Veciñal do barrio de San Pedro e Xoán Bascuas

O candidato de Compromiso por Galicia escoitou as demandas do barrio

Xoán Bascuas, de Compromiso por Galicia mantivo un encontro coa Asociación Veciñal do barrio de San Pedro.

Na reunión falouse das distintas problemáticas como a falta de servizos no barrio, recollida do lixo, mal estado do alcantarillado, a falta de mantemento das rúas e os problemas de mobilidade que segue a ter por culpa do tráfico rodado e a convivencia dos residentes cos peregrinos que, ó ser o último quilómetro do Camiño Francés e ter un fluxo importante, non sempre a convivencia é a idónea . 

Unha das demandas da asociación veciñal é que se volva a poñer en marcha a Concellería do Casco Histórico que consideran imprescindible para o desenvolvemento do barrio en temas tan importantes como as reformas de vivendas ou aperturas de negocios.

Dende Compromiso valoran positivamente a xuntanza e piden máis implicación por parte do Concello para solucionar os problemas do barrio.

Comentarios
Lo más