Xornada de achegamento da Economía Social na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
06:30 27/11/18
06:30 27/11/18
Desenvolverase hoxe de 10:00 horas a 12:00 horas
Hoxe terá lugar unha xornada de achegamento da Economía Social ao estudantado da USC co lema Coñeces a economía social? na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Esta é unha actividade organizada polo Centro de Estudos Cooperativos da USC (CECOOP) e a rede EuSumo na que as diversas entidades que pertencen ao Foro pola Economía Social de Galicia terán expositores co obxectivo de dar conta da súa actividade diaria.
Así, AESGAL, AGACA, AEIGA, CEGASAL, ESPAZOCOOP e a propia Rede EuSumo mostrarán o seu labor cotián entre as 10:00 horas e as 14:00 horas na facultade compostelá. O programa complementarase con talleres de xogo de creación de empresas para grupos de entre 15 e 20 estudantes.