Novo parque infantil cuberto para O Concello de Ordes
Esta semana está previsto que se inicien as obras de construción
Esta semana está previsto que se inicien as obras de construción do novo parque infantil situado no Campo da Feira, a carón da pista multideporte. O primeiro será o de dotar a zona da infraestrutura necesaria para a instalación dos elementos proxectados segundo as idades dos usuarios e usuarias para quen está pensada esta nova zona de ocio. O orzamento total de licitación ascende a 190.723,72 €.
A área contará cun valado de malla metálica electrosoldada e con pregas de reforzo que, ademais de permitir o seu peche pola noite, suporá unha maior seguridade para a rapazada que faga uso da instalación. Tamén en prol da seguridade colocarase un pavimento de caucho reciclado para absorber os impactos e evitar lesións.
A zona infantil contará, ademais, cunha ampla cuberta de aceiro e de placas translúcidas, o que permitirá dispoñer dun espazo onde resgardarse das inclemencias meteorolóxicas sen necesidade de ter que renunciar ao xogo e á diversión.