miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Estrela Vermelha consegue a vitoria fronte ao Pontevedra

O Estrela Vermelha consegue a vitoria fronte ao Pontevedra
O Estrela Vermelha consegue a vitoria fronte ao Pontevedra

O equipo de Estrela Gaels perdeu contra o Cambados

Dous grandes partidos na capital galega para pechar a xornada de gaélico neste domingo onde se vían as caras as dúas equipas masculinas de Compostela e os combinados de Pontevedra e Cambados. Comezou a tarde co encontro entre o Estrela Vermelha e o Pontevedra FG cun nivel un pouco descompensadoen favor do combinado local. A primeira parte rematou cun contundente 16-0 no marcador.

Xa na segunda parte o partido seguiu a mesma dinámica do primeiro tempo aínda que o Estrela quitou o pé do acelerador. Este monólogo local foi contestado con dous tiros a paus dos visitantes e, finalmente o resultado foi de Estrela Vermelha 5-20 (35) / 0-2 (2) Pontevedra.

Pola súa parte, o outro encontro enfrontaba a dous rivais directos e servía en ambos casos para comprobar cales son as sensacións das dúas equipas: Estrela Gaels e Cambados. O comezo foi terrible para os locais, que comezaron encaixando varios goles grazas a un gran atino dos cambadeses. O resultado ao descanso era un desigual 4-18. 

Logo do descanso, os Gaels tentaron recortar distancias cunha presión moi alta e actuacións individuais. Porén, os visitantes tiraron de veteranía e tentaron parar o xogo todo o posible. A inchada local desfrutou da capacidade de reacción dos seus que, cun gol de Matías Montenegro "Matigol", volvían meterse no partido. 

Mais a experiencia do combinado cambadés rematou levando a vitoria ao Salnés. Partido positivo para ambos equipos, posto que no conxunto local debutaron xa máis de 15 xogadores e primeira vitoria para o Cambados Gaélico. Resultado final Estrela Gaels 1-11(14)/ 6-5 (23) Cambados.

O fin de semana que ven hai parón de Liga e na seguinte semana as nosas equipas viaxan a Gondomar e a Pontevedra, de modo que pasaremos unhas semanas sen gaélico en Compostela.

Comentarios
Lo más