Condenan a 10 anos de cárcere a un home por abusar da súa fillastra de 12 anos
17:24 26/11/18
17:24 26/11/18
O sospeitoso, segundo consta no fallo, aproveitaba cando a súa muller non estaba na casa para realizarlle tocamentos á menor
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dez anos de cárcere e a outros dez de liberdade vixiada a un acusado de abusar da súa fillastra na vivenda familiar, situada no partido xudicial de Corcubión, cando a menor tiña 12 anos.
O tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse por calquera medio coa vítima e de aproximarse a menos de 500 metros dela durante dez anos, así como o abono dunha indemnización de 10.000 euros polos danos morais que lle causou.
O sospeitoso, segundo consta no fallo, aproveitaba cando a súa muller non estaba na casa para realizarlle tocamentos á menor.