Boqueixón pechou o domingo o Ciclo de Teatro de Outono
Á obra de teatro acudiron preto de 200 persoas
O Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón concluíu o domingo pasado cunha sesión á que acudiron preto de 200 persoas. Deste xeito, finalizou a posta en escena dun total de cinco obras representadas por distintas agrupacións teatrais da provincia da Coruña, rexistrando unha boa asistencia do público.
A sesión do domingo foi protagonizada polo grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra, coa súa peza Contos de zapatilla. As persoas asistentes gozaron con esta orixinal representación que puxo o broche final a cinco domingos seguidos de teatro na Casa da Cultura de Camporrapado.
A posta en marcha deste programa de artes escénicas foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña no que tamén colaborou nesta proposta o Grupo de Teatro de Maiores do Concello de Boqueixón.