Esta fin de semana estivo Ghazafelhos con "Iriña Bailarina" en Touro
06:30 27/11/18
06:30 27/11/18
Maiores e pequechos desfrutaron doutra tarde máis de teatro
A veciñanza de Touro, en especial os nenos e as nenas, desfrutaron esta fin de semana dunha aventura teatral con Iriña Bailarina de Ghazafelhos. A cita tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura o cal estivo completo dende antes de que dera comezo a función.
Ghazafelhos representou a obra Iriña Bailarina que aposta pola ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que tolea por saír do espazo que a anoa a dar volas sen cesar para poder xogar ao futbolín ou ser pirata.