Aparece un corpo sen vida no espigón de Carreiro, en Aguiño
13:24 26/11/18
13:24 26/11/18
Polo momento no poden afirmar que sexa o corpo sen vida do home desaparecido onte en Aguiño
Ao fío das 10:30 horas desta mañá un particular aseguraba ao 112 Galicia de ver o cadáver dun home nas rochas, en Aguiño, no espigón de Carreiro.
Nada mais recibir o aviso, o 112 informou dos feitos a Salvamento Marítimo, GardaCostas de Galicia, Forzas da Orde e membros do Grupo de Emerxencias Municipal . Ademais, foron alertados os servizos sanitarios de urxencia, que enviaron un equipo médico á zona.
Os membros do Grupo de Emerxencias Municipal foron os que rescataron o cadáver, que será trasladado nunha embarcación ata o Pantalán de Aguiño. Segundo indicaron, estaba nunha zona totalmente accesible.