miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O tripartito e Ames Novo vota en contra dunha moción para solicitar unha comisaria da Policía Nacional en Ames adscrita a Santiago

O tripartito e Ames Novo vota en contra dunha moción para solicitar unha comisaria da Policía Nacional en Ames adscrita a Santiago
Foto de arquivo
O tripartito e Ames Novo vota en contra dunha moción para solicitar unha comisaria da Policía Nacional en Ames adscrita a Santiago

Segundo o PP de Ames, "en vez de velar polos intereses dun concello dinámico, poñen trabas para conseguir unha mellora substancial da sguridade e da atención veciñal bloqueando esta iniciativa".

"Ao deterioro da relación coa Policía Local, os efectivos insuficientes asignados ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro, as Xuntas de Seguridade moitas veces fora de prazo e sempre convocadas por esixencias do Partido Popular de Ames e PxA, hai q sumarlle o incremento dos delitos penais nun 11,5%, según o portal do Minsiterio do Interior. Este dato está dentro dos parámetros normais pero marca unha tendencia", informa o PP de Ames.

As dependencias da Policía Local están pechadas con demasiada frecuencia, e algo parecido pasa co cuartel da Guardia Civil. O aumento da poboación así como outros condicionantes inherentes ao concello de Ames, motivaron que o Partido Popular e PxA presentaran unha moción conxunta o pasado 15 de novempor para solicitar a implantación en Ames dunha comisaría da Policía Nacional adscrita a Santiago de Compostela.

O Goberno local, xunto con Ames Novo , votou en contra da moción presentada polo PP de Ames e PxA para solicitar o inicio dos trámites para dotar ao concello de Ames dunha comisaría da Policía Nacional adscrita a Santiago de Compostela. Segundo o PP de Ames, "en vez de velar polos intereses dun concello dinámico, poñen trabas para conseguir unha mellora substancial da sguridade e da atención veciñal bloqueando esta iniciativa".

Añaden que "é inaudito que sexa o propio Goberno local de Ames quen prive á veciñanza desta posibilidade".


Comentarios
Lo más