Compostela Monumental gaña a XXV Edición dos Premios Publicidade en Galego
As "Campañas de Dinamización Comercial Compostela Monumental 2017" resultaron gañadoras na categoría de radio segundo estimou o xurado da presente edición
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental engade un novo premio aos moitos que acadou ao longo da sua histórica.
Nesta oportunidade trátase da XXV edición dos Premios Publicidade en Galego que outorgan conxuntamente o Parlamento de Galicia e a Dirección Xeral de Política Lingüística. As "Campañas de Dinamización Comercial Compostela Monumental 2017" resultaron gañadoras na categoría de radio segundo estimou o xurado da presente edición.
"Estamos moi satisfeitos có galardón. Cada ano estamos facendo un grande esforzo para dinamizar o comercio do casco monumental de Santiago e sempre e un ledicia que che recoñezan o traballo levado a cabo" sinala José Manuel Bello Rey, Presidente de Compostela Monumental, que será o encargado de recoller o premio o vindeiro día 17 de decembro ás 12:30 horas no Parlamento de Galicia.
Compostela Monumental é a asociación de comerciantes máis galardoada de Galicia e de España, destacando o Premio Nacional de Comercio do 2006, os Premios Nacionais de Publicidade Comercial dos anos 2007, 2008, 2009 e 2010... entre moitos outros.