miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O alcalde de Ribeira apoia a dinamización dos sectores hosteleiro e comercial no 2019

O alcalde de Ribeira apoia a dinamización dos sectores hosteleiro e comercial no 2019
Foto de arquivo
O alcalde de Ribeira apoia a dinamización dos sectores hosteleiro e comercial no 2019

Amosouse totalmente aberto a dialogar con todos

Despois de haber elexido os festivos locais de 2019, hostaleiros e comerciantes de Riveira mantiveron contactos co alcalde Manuel Ruiz para analizar posibles fórmulas de colaboración para incrementar as actividades que poidan favorecer a estes colectivos durante o ano que vén.

O alcalde comprometeuse a manter as actividades que organiza o Concello para o Entroido e mesmo incrementalas naqueles días nas que no municipio non existen ata agora eventos de referencia, como pode ser o caso do Sábado de Piñata. Comprometeuse tamén a ter unha actuación ou orquestra de primeiro nivel nas festas de Santa Uxía e, de ser preciso, a estudar unha rebaixa na taxa de terrazas.

O alcalde amosouse totalmente aberto a dialogar con todos coa fin de dinamizar os sectores comercial e hostaleiro e outras áreas de negocio.

Comentarios
Lo más