miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as votacións para o VIII Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames

Comezan as votacións para o VIII Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames
Comezan as votacións para o VIII Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames

A emisión das locucións realizarase en Ames Radio entre o 26 de novembro e o 3 de decembro

Vintecinco grupos de alumnos/as dos IES do Milladoiro e de Bertamiráns pasaron pola radio municipal para locutar as súas pezas, de entre tres e cinco minutos de duración. A emisión das locucións realizarase en Ames Radio, na frecuencia modulada 107.2, entre o 26 de novembro e o 3 de decembro, de luns a venres en horario de 13:30 horas a 14:30 horas e de 22:00 horas a 23:00 horas.

Nesta oitava edición do Desata a Lingua!!! participan un total de oitenta rapaces e rapazas repartidos en vintecinco grupos, dezasete do IES de Ames e oito do IES de Milladoiro. Así, esta convertese na edición con maior participación ao longo dos oito anos de concurso.

A audiencia da radio municipal será a encargada de escoller, entre as pezas emitidas, a obra que obterá o premio do público. A votación realizarase entre o 27 de novembro e o 4 de decembro, ambos incluídos, a través do enderezo de correo electrónico radioteatro@concellodeames.gal ou do número de teléfono 981 890 452. As persoas que queiran votar terán que identificarse. Só se computará un voto por persoa. Tamén haberá outros dous premios escollidos polo xurado designado polo Concello de Ames: premio ao mellor guión orixinal e premio á mellor interpretación. Este ano, igual que na edición anterior, os premios daranse a coñecer e entregaranse nunha gala o 21 de decembro á asistirá todo o alumnado participante.

Comentarios
Lo más