miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O 50 aniversario dos estudos de Economía e Empresa en Galicia clausurarase o 28 de novembro

O 50 aniversario dos estudos de Economía e Empresa en Galicia clausurarase o 28 de novembro
O 50 aniversario dos estudos de Economía e Empresa en Galicia clausurarase o 28 de novembro

Os actos comenzarán ás 11:00 horas e os actos conmemorativos do 50 aniversario clausuraranse as 13:30 horas

O mércores 28 de novembro celebrarase a clausura da conmemoración dos 50 anos dos estudos universitarios de Economía e Empresa en Galicia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC . A xornada iniciarase cunha reunión do Comité Consultivo deste centro universitario.

O Salón de Graos acollerá, desde as 11:00 horas, a presentación do catálogo de obras de arte da Facultade. Xa a partir das 11:30 horas chegará a presentación do número extraordinario da Revista Galega de Economía, que recolle as participacións e conclusións do Congreso 50 anos de economía galega, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario. 

A mesa redonda Os 50 anos de Economía Galega na prensa, desde as 12:10 horas, contará con Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e dous xornalistas respresentando a prensa.

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición homónima que se inaugurará, na entrada da Facultade, a continuación. Recolle un total de 45 portadas e de páxinas destacadas dende 1968, ano de inicio dos estudos de Economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá. A mostra serve como percorrido pola historia económica e do xornalismo. Esta exposición estará exposta no centro durante os próximos meses.

Coma peche da xornada e dos propios actos conmemorativos do 50 aniversario está prevista unha sesión de clausura, ás 13:30 horas, onde participarán Antonio Lopez, reitor da Universidade de Santiago; e María Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade. 

Comentarios
Lo más