miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A prestixiosa viola Isabel Villanueva impartirá clases na Escola de Altos Estudos Musicais

A prestixiosa viola Isabel Villanueva impartirá clases na Escola de Altos Estudos Musicais
A prestixiosa viola Isabel Villanueva impartirá clases na Escola de Altos Estudos Musicais

Tamén tocará coa Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Vigo

Na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) contarase, a vindeira semana, coa presenza da viola navarra Isabel Villanueva, que formará tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos. Ademais, tocará coa Real Filharmonía de Galicia, o 28 de novembro en Vigo e o 29 en Santiago.

As clases celebraranse o venres 30 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas; e o sábado 1 de decembro, de 9:00 a 12:00 horas. Os músicos que desexen participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Os aspirantes deben estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

Isabel Villanueva é, con tan só 30 anos, unha das violas máis destacadas da súa xeración no eido internacional. Traballa por difundir a viola como instrumento con voz propia. Ten ofrecido numerosos concertos en Europa, Asia, Oriente Medio e Rusia. Toca unha viola do ano 1670.

Comentarios
Lo más