miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Centro Empresarial do Tambre inaugura unha exposición fotográfica de Inés Gontad

O Centro Empresarial do Tambre inaugura unha exposición fotográfica de Inés Gontad
Inés Gontad e Carmen Guerrero
O Centro Empresarial do Tambre inaugura unha exposición fotográfica de Inés Gontad

Inés Gontad: "Es un proyecto abierto que revela la presencia del plástico en el medio natural, ofrenciendo una visión premonitoria del mundo que nos rodea, una defensa de la belleza y una búsqueda de protección"

Mañá luns ten lugar a inauguración da exposición “Fotos Únicas” da artista plástica Inés Gontad, que mostrará as súas obras xunto á artista invitada Carmen Guerrero. O acto será ás 20:00 horas no Centro Empresarial do Tambre, e a exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro.

A mostra ofrece un percorrido pola conciencia colectiva e brinda a oportunidade de cuestionarse que se podería cambiar, utilizando a flor como metáfora. A suspensión das obras no aire crea un ambiente proclive ao movemento e invita ao xogo. As fotografías que compoñen a exposición foron tomadas no parque natural de Breña e os pantanos de Barbate en Cádiz, un antigo vertedoiro que reafirma a necesidade dun cambio a favor da conservación.

Inés Gontad (Santiago de Compostela, 1966) conta nesta exposición coa colaboración da artista Carmen Guerrero (Chiclana de la Frontera, 1963), que mostra un total de cinco libros de artista, en técnica de gravado, coa natureza como elemento principal. 

Comentarios
Lo más