Un traballador falece en Begonte tras caerlle unha furgoneta encima
16:56 25/11/18
16:56 25/11/18
O vehículo atopábase nun guindastre suxeito por unha eslinga que rompeu
Un traballador faleceu hoxe no polígono industrial de Begonte ao quedar atrapado debaixo dunha furgoneta que lle caeu encima. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo se atopaba nun guindastre suxeito por unha eslinga, que rompeu, o que provocou que a furgoneta caese sobre o operario..
No lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba excarceraron ao traballador.
A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os efectivos sanitarios confirmaron o seu falecemento.