Unha persoa perde a vida ao precipitarse co seu coche á auga no Porto de Corme
16:03 25/11/18
16:03 25/11/18
A persoa que viaxaba no vehículo é un varón
Unha persoa faleceu no porto de Corme, en Ponteceso, ao precipitarse ao mar o coche no que viaxaba. Dentro do vehículo atópase un varón.
Arestora, os servizos de emerxencia traballan na zona para recuperar o corpo da persoa falecida.