miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cúmprense 50 anos da publicación da orde ministerial pola que se crea o Arquivo Histórico Universitario de Santiago

Cúmprense 50 anos da publicación da orde ministerial pola que se crea o Arquivo Histórico Universitario de Santiago
Foto de arquivo
Cúmprense 50 anos da publicación da orde ministerial pola que se crea o Arquivo Histórico Universitario de Santiago

Foi no BOE do 25 de novembro de 1968 e a orde ministerial era asinada polo ministro de Educación, José Luis Villar Palasí

O 25 de novembro de 1968 publicabase no BOE a orde ministerial que asinaba o ministro de Educación, José Luís Villar Palasí, pola que se creaba o Arquivo Histórico Universitario de Santiago. Nesa data ademais do fondo universitario, moi relevante en sí mesmo, o Arquivo da Universidade de Santiago xa acollía o grupo de fondos de Clero, con orixe na antiga administración de bens nacionais da cidade; o fondo do Hospital Real, depositado pola deputación provincial, e as contadorías de hipotecas das xurisdicións de Santiago, Boqueixón, Conxo, Vedra e Enfesta. Un ano despois, ao amparo da orde, ingresarían os protocolos notariais centenarios do distrito de Santiago de Compostela.

A orde ministerial supuxo para o arquivo a adquisición dun estatus moi singular entre os arquivos universitarios españois e a súa integración “de iure” no sistema de arquivos centralizado existente na época. Esa peculiaridade continuou acentuándose ata os nosos días, asumíndose progresivamente responsabilidades de custodia, organización, servizo e difusión sobre un abano moi amplo de conxuntos documentais, hoxe a disposición da comunidade universitaria e a cidadanía interesada.

Comentarios
Lo más