Iria Paz Vila, alumna do colexio de Oleiros, gaña o concurso infantil de pintual de Nadal
A obra chámase O camiño de Belén
O deseño da cartelería deste Nadal do Concello será un debuxo titulado O camiño de Belén obra de Iria Paz Vila, alumna de dez anos do colexio A Milagrosa de Oleiros, despois de resultar vencedora do concurso promovido entre os nenos de infantil e primaria.
Hoxe deuse a coñecer este traballo nun acto no que, acompañando á pequena, estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso; a profesora de plástica, Noli Pazos; e a avoa da nena, María José Racamán.
Herminia Pouso salientou o altísimo número de participantes, 441 en concreto, así como o difícil que resultou nomear un vencedor dada a calidade dos traballos. O xurado do certame estivo composto por Eugenia Gómez, Olegario Sampedro, Miguel Ángel Vidal e a propia Herminia Pouso, actuando Alicia Padín de secretaria.
A nena recibiu como agasallo un monopatín mentres que ao centro escolar de Oleiros entregouse dende o Concello de Ribeira.