miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos en Ames

Abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos en Ames
Abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos en Ames

Trátase dun curso para principiantes e é gratuíto

O Concello de Ames, mediante a Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, organiza un curso de 60 horas de lingua de signos española para principiantes. O curso, que se terá lugar entre o 29 de novembro e 25 deabril, en 34 sesións, impartirase no local de ARCEA – ADAMES do Milladoiro entre o 29 de novembro e o 25 de abril do vindeiro ano, todos os martes e xoves en horario de 17.00 a 18.45h.

Esta iniciativa está destinada a persoas que se inicien na lingua de signos española, co obxectivo de que os participantes coñezan e aprendan na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes. 

Para participar nesta formación gratuíta será necesario inscribirse chamando as oficinas de Servizos Sociais, ou ben a do Milladoiro mediante o 981 535 941, ou á oficina de Bertamiráns no 981 890 964.

Comentarios
Lo más