COGAMI convoca once concentracións simultáneas para denunciar a falta de accesibilidade nos edificios de vivendas
A campaña presentarase simultáneamente en 37 concentracións repartidas por todo España
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e os centro membro, celebrarán o vindeiro mércores 28 de novembro ás 11:00 horas, varias concentracións simultáneas nas seguintes localidades: Santiago de Compostela, Muros, Pontevedra, Ourense, O Carballiño, Boiro, Vigo, A Coruña, As Pontes, Lugo e Monforte de Lemos.
As concentracións seran para presentar a campaña #Arrestópolis de COCEMFE nacional (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para denuncia la falta de accesibilidade en edificios de vivendas que manteñen encerradas na súa propia casa a persoas con discapacidade e reivindicar o dereito á vida independente e a unha vivenda digna.