FalaRedes presenta en Santiago a peza teatral "Asubíos"
Asubíos, que se poderá ver hoxe, vai dirixia á cativada de máis de tres anos
Chega a Compostela unha nova actividade do programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, "FalaRedes". No Centro Sociocultural de Conxo ás 18:30 horas poderase ver a obra Asubíos, da compañía teatral do Elefante Elegante. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
Asubíos, a quinta actividade do "FalaRedes 2018", é unha peza teatral inspirada no literario do escritor Mia Couto e no conto O frautista de Hamelín dos irmáns Grimm. Se no orixinal de Couto o asunto de fondo era o racismo, na reinterpretación da compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmnoía con el. A obra está especialmente indicada para familias con cativada desde os tres anos de idade.