Hoxe acéndese o tan esperado alumeado de Nadal de Vigo
O acontecemento terá lugar as 21:00 horas e será retransmitido en directo por sete pantallas xigantes repartidas pola cidade
Hoxe as 21:00 horas, cunha hora de restraso para evitar a chuvia, acenderase en Vigo o tan esperado e anunciado alumeado de Nadal. Dende o Concello teñen todo preparado para que as máis de nove millóns de luces LED, os 1478 motivos de iluminación, os 1000 arcos de iluminación, os 325 árbores iluminados, as bolas de 12 metros de diámetro, as 13 fachadas iluminadas..., todo o que foi sinalando Abel Caballero cando se veu arriba nunha comparecencia cos medios, luzan espectaculares hoxe.
Ademáis, este ano incorporaron novedades como un gran boneco de neve en Concepción Arenal, un tren de Nadal despregado pro Príncipe ou un gran regalo luminoso. Outros dos protagonistas serán tamén o arbol de máis de 30 metros de Porta do Sol e a bola da farola de Urzáiz.
Nestas navidades espérase que decenas de miles de persoas de Galicia e de España cheguen a Vigo para disfrutar da espectacularidade do alumeado navideño e das actividades programadas. O Concello habilitará un autobús turístico que realizará recorridos por toda a cidade, pasando polos puntos máis significativos do alumeado. Ademáis, o acendido do alumeado será retransmitido por sete pantallas xigantes colocadas en diversos puntos da cidade.
A ver se, como indicou o Abel Caballero, se dan conta os alcaldes de Londres, Tokio, Nova York, París e Berlín de que o Nadal de Vigo é o Nadal "top deste planeta".