miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello aprobou o convenio con Fomento para a integración ambiental da rotonda de Conxo

O Concello aprobou o convenio con Fomento para a integración ambiental da rotonda de Conxo
O Concello aprobou o convenio con Fomento para a integración ambiental da rotonda de Conxo

Supón un importante paso para o acondicionamento deste espazo, o cal a veciñanza do barrio reclamaba

A finalidade do acordo que se aprobou onte é completar as actuacións xa executadas polo Ministerio de Fomento na SC-20, que construíu a rotonda elevada en Conxo para darlle fluidez ao tráfico. Recollendo as demandas da veciñanza, o Concello viña reclamando que se cubrira o oco da glorieta. A tenenta de alcalde, María Rozas, mostrouse satisfeita "co avance que supón a aprobación deste convenio, que terá que ser asinado polo Goberno local e o Ministerio".

Según indica o convenio, o Ministerio de Fomento asumirá a execución do proxecto de integración ambiental da rotonda, cun orzamento base de licitación de pouco máis de 240.000 euros. O Concello de Santiago aceptará a transferencia da titularidade da rotonda e dos seus ramais, unha vez finalizadas e recepcionadas estas obras.

O acondicionamento superior da rotonda está vinculado ao acordo que o Goberno local ten coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de mellora e integración urbana en distintos ámbitos dos Camiños de Santiago nas súas entradas á cidade. No marco deste convenio, está prevista unha actuación no Camiño Portugués, que suporá a integración do ámbito máis funcional da rotonda. Ademais, o Concello poderá acometer a maiores as actuacións que considere necesarias neste ámbito. 

Comentarios
Lo más