O pleno aproba un suplemento de crédito por valor de 414.610 euros
Tamén se aprobou a terceira prórroga polo prazo dun ano do contrato con Urbaser
O pasado xoves realizouse un pleno extraordinario no que, entre outras cuestións, aprobouse por maioría o suplemento de crédito 3/2018, por valor de 414.610 euros, financiado con baixas por anulación. Este punto saíu adiante co voto favorable dos membros do goberno, mentres que os concelleiros e concelleiras do Partido Popular, Ames Novo e Pacto por Ames, abstivéronse.
Tamén se aprobou por unanimidade a revisión ordinaria de Urbaser correspondente ao exercicio 2018 e a terceira prórroga polo prazo dun ano do contrato asinado coa misma empresa para a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do Concello de Ames. Neste caso, saíu adiante co voto a favor dos membros do Goberno e Ames Novo, mentres que os populares e Pacto por Ames, abstivéronse.
Os concelleiros e concelleiras da Corporación municipal acudiron ao pleno coas camisetas da campaña Ames en Negro, que se enmarca dentro das actividades do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra As Mulleres, que se celebra este domingo, 25 de novembro.