miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Concentración veciñal en Brión contra a violencia de xénero

Concentración veciñal en Brión contra a violencia de xénero
Concentración veciñal en Brión contra a violencia de xénero

A iniciativa, á que acudiron una sesenta persoas, tivo lugar na praza do Concello  

Ao redor de sesenta persoas, entre veciños/as, concelleiros/as e traballadores/as municipais de Brión, participaron onte nunha concentración veciñal de repulsa contra a violencia de xénero. Unha iniciativa programada dentro dos actos que se veñen desenvolvendo ao longo das dúas últimas semanas dentro da campaña “En negro contra as violencias”, na que o Concello de Brión participa por primeira vez.

A concentración rematou cunha alocución de Victoria Varela, responsable dos Servizos Sociais de Brión, quen asegurou que “Brión ten que ser unha única voz que diga que non imos permitir a violencia de xénero”. 

Como continuidade, o luns 26 de novembro inaugurarase a exposición Á violencia de xénero dille non,. A exposición retrata os estereotipos caducos sobre os que se asenta a violencia de xénero e que a poboación máis nova parece estar reproducindo de xeito preocupante. 

Un día despois, o martes 27 de novembro, as escolas unitarias de Sabaxáns , Os Ánxeles  e A Luaña  acollerán a campaña Quen dixo medo?, promovida pola Deputación Provincial da Coruña. A actividade comezará coa lectura do conto Quérote case sempre, de Anna Llenas, que narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía. Tomando como fío condutor a lectura do conto, o/a docente abordará diversas cuestións para axudar os mais cativos/as a afianzar conceptos básicos para a súa vida cotiá.

Comentarios
Lo más