Unha xove pintora de Touro como exemplo para conmemorar o Día da Loita contra a Violencia de Xénero
A pintora exporá a súas obras na Casa da Cultura de Touro a partir do próximo día 16 de decembro
O departamento de Servicios Sociais do Concello de Touro impulsou e promoveu unha charla dunha xove artista do propio Concello para conmemorar o Día da Loita contra a Violencia de Xénero, que se celebra en todo o mundo o próximo domingo, día 25 de novembro. Sara Naveiro Mirás, unha xove promesa do mundo das artes, trasladou as súas inquedanzas e tamén comentou a súa inspiración na natureza para plasmar no cadros dominados por vivos e alegres cores.
“Nos meus cadros trato como muller de expresar a miña propia libertade de crear”, destaca Sara Naviero Mirás, quen indica que unn dos seu primeiros cadros leva a nome de Matriz “como símbolo de inicio de vida”. “Quero reivindicar o meu espazo como muller, denunciando a violencia e defendendo o amor e a libertade”. “A natureza simboliza para mín a vida e a libertade de expresión como muller”.
A pintora Sara Naveiro Mirás exporá a súas obras, un total de trece, na Casa da Cultura de Touro a partir do próximo día 16 de decembro.