miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG insta ao alcalde a solucionar os problemas abertos por manter os servizos de limpeza sen contrato

Trátanse dos servizos de limpeza dos colexios e nas instalacións municipais

Para o concelleiro do BNG, Rubén Cela, urxe que o alcalde, Martiño Noriega, solucione os problemas que ten abertos por prestar o servizo de limpeza dos centros escolares e das instalacións municipais con dúas concesionarias.

Por unha parte, cómpre garantir a continuidade con soporte xurídico da prestación do servizo de limpeza e de conserxería nos colexios, xa que Ferrovial acabou o contrato en abril e as prórrogas legais posibles. Por outra parte, a limpeza das instalacións municipais leva dende maio sen contrato e tamén expirou o prazo de prórroga. Neste caso, é a empresa multinacional ISS Facility Services a que continúa após rematar prazo de adxudicación.

Comentarios
Lo más