Anatomía Patolóxica do CHUS única en Galicia en contar cunha nova técnica de estudo do cancro de pulmón
Trátase dunha técnica de Secuenciación Masiva de Nova Xeración (NGS) para o estudo do cancro de pulmón máis habitual
O servizo de Anatomía Patolóxica da Xerencia de Xestión Ingrada de Santiago, dirixido por José Antúnez, é o único galego en contar cunha nova técnica de Secuenciación Masiva de Nova Xeración (NGS) para o estudo de cancro de pulmón non microcítico en estadio avanzado, o máis habitual.
O laboratorio de bioloxía molecular, que pertence a Anatomía Patolóxica, foi dos primeiros en España e o único da sanidade pública galega en empregar esta técnica para a análise do cancro de pulmón na asistencia diaria. A nova técnica, que proporciona aos oncólogos a información máis completa para o tratamiento do paciente, precisou dun investimento de 200.000 euros.
Esta tecnoloxía permite a detección simultánea de múltiples alteracións en xenes relacionados co cancro nun único test, que pode ser realizado nun tempo reducido e cun custo relativamente baixo. Estes estudos permiten obeter un mellor coñecemento da patoxénese do cancro, mellorar o diagnóstico e predicir resistencias farmacolóxicas.
No futuro, prevese a súa aplicación noutros tipos de cancro como mama ou colon.