miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Detido un veciño de Vilagarcía por incitar ao odio a través das redes sociais

Detido un veciño de Vilagarcía por incitar ao odio a través das redes sociais
Foto de arquivo
Detido un veciño de Vilagarcía por incitar ao odio a través das redes sociais

Publicaba mensaxes de contido violento contra os colectivos de inmigrantes

Un veciño de Vilagarcía de Arousa de 63 anos de idade foi detido pola Guarda Civil acusado dun delito de odio por ser autor de publicacións de Facebook contra as persoas inmigrantes. O home prestou declaración no xulgado e quedou en liberdade provisional con cargos. 

O perfil de Facebook deste vilagarciano xurdiu durante as investigacións vencelladas á operación Calamardo, levada a cabo conxuntamente polas comandancias de Pontevedra e Navarra. Segundo informou o instituto armado, o home sería o autor dunha "importante cantidade de publicacións de contido violento, incitando explicitamente ao odio e a exercer a violencia contra os colectivos de inmigrantes". Ademais, conta con máis de 375 seguidores na rede social, de maneira que a Garda Civil determinou que as mensaxes de incitación ao odio, á violencia e á discriminación "puideron chegar a unha inxente cantidade de usuarios". 

Algunhas das súas mensaxes contra os inmigrantes dicían que "había que moelos a paos e poñelos ainda máis negros do que están", pero tamén publicaba comentarios de índole política nas que afirmaba que as autonomías "son o cancro de España" ou que o presidente do Goberno é un "okupa" que "mellor estaría encerrado nun psiquiátrico". Na súa foto de perfil, así como nas dalgunhas das súas amizades, figuraba a bandeira franquista preconstitucional e alusións ao "orgullo de ser español".

Comentarios
Lo más