miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Villares solicita que retiren o nome da operación antidroga "Marea"

Villares solicita que retiren o nome da operación antidroga "Marea"
Foto de arquivo
Villares solicita que retiren o nome da operación antidroga "Marea"

Entende que se trata dunha marca rexistrada e que o seu uso neste contexto pode prexudicar o seu partido.

A Luís Villares, portavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, non lle convenceu que a Policía Nacional utilizase o nome Marea para a operación antidroga recentemente levada a cabo en Cambados, Santiago e comarca que se saldou coa detención de doce persoas e a incautación de 8.800 doses de estupefacientes. E así llelo fixo saber tanto á Delegación do Goberno en Galicia como á Xefatura da Policía Nacional, ás que telefonou para solicitarlles a retirada do nome da operación porque se trata dunha marca rexistrada e porque o seu uso neste contexto pode prexudicar o seu partido.

Por agora non obtivo resposta, pero a verdade é que non é a primeira vez que se utiliza este termo para denominar un operativo policial. Xa foi utilizado en Xerez no ano 2016 para denominar unha operación contra asaltantes de vivendas e vehículos e tamén en Asturias para bautizar unha causa contra a corrupción. 

Normalmente, os nomes das operacións realizadas polas forzas da orde teñen relación con lugares, procedencias, características ou particularidades das persoas investigadas ou do caso en cuestión.

Comentarios
Lo más