Xosé Sánchez Bugallo inmerso na elaboración do proxecto para Compostela
Para o proxecto, Sánchez Bugallo comeza unha rolda de xuntanzas coas forzas vivas da cidade
Xosé Sánchez Bugallo, candidato socialista á alcaldía de Santiago, está inmerso na elaboración dun proxecto solvente e un programa de futuro para Santiago. Polo que hai uns días que comezou unha rolda de contactos coas forzas vivias da cidade.
Acompañado por Mila Castro e Gonzalo Muíños, representantes municipais, Sánchez Bugallo xa se reuniu con entidades para intercambiar impresións sobre a situación actual do municipio e o que precisa. A Asociación Ruta Xacobea de Lavacolla, A Xunlla de Laraño, a AVV de Fontiñas, a AVV Sandra Prego de Pontepedriña, Down Compsotela ou a Asociación de Hostelería son entindades que xa trasladaron a Bugallo as súas inquedanzas, queixas e propostas.
Ao longo das vindeiras semanas, o candidato socialista seguirá levando a cabo estes encontros, fundamentais para desenvolver un proxecto factible, acorde ás necesidades da cidadanía e con perspectiva de futuro.