Unha familia sae ilesa dun incendio na vivenda en Ribeira
09:19 23/11/18
09:19 23/11/18
O incendio ocorreu sobre as 07:30 horas no lugar de Frións
Unha casa unifamiliar viuse afectada por un incendio que causou importantes danos estruturais. Ademáis dun cuarto que resultou completamente calcinado, caeu o teito e a totalidade da vivenda quedou afectada polo intenso fume. Os feitos ocorreron ás 07:30 horas de hoxe no lugar de Frións, Concello de Ribeira. A familia saliu ilesa.