Dúas novas actividades de balde na Aula CeMIT de Ribeira
Trátanse de un curso de E-saude e unha videoconferencia sobre móbiles
A Aula CeMIT de Ribeira, na súa sede de Cubeliños, organiza para as vindeiras semanas dúas novas actividades.
Os días 26 e 28 de novembre haberá un curso de catro horas titulado Coidando a túa saúde: plataforma e-saude do Sergas que proporcianará moitas claves sobre este sitio teléfmatico: o acceso a través da CHAVE365, consultas da información persoal de saúde, acceso a propia historia clínica...
Terá lugar de 16:00 horas a 18:00 horas en cada unha das xornadas e os interesados e interesadas deberán inscribirse na Aula CeMIT ou a través do enderezo https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.
Ademáis, o luns 3 de decembro levarase a cabo unha videoconferencia gratuíta sobre o teléfono móbil: contratación, facturación e reclamaciósn. Será de 12:00 horas a 13:30 horas e os requisitos de inscrición son os mesmos que para a anterior.