miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Anuladas as sancións a músicos das orquestras de Espectáculos Lito

Anuladas as sancións a músicos das orquestras de Espectáculos Lito
Foto de arquivo
Anuladas as sancións a músicos das orquestras de Espectáculos Lito

Xa non se considera que sexan propietarios das sociedades e non deberán enfrontar as sancións previamente impostas.

O Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia dictou cinco resolucións que revocan a consideración de Facenda a respecto dos músicos das orquestras de Espectáculos Lito, de maneira que xa non se considera que sexan propietarios das sociedades e non deberán enfrontar as sancións previamente impostas. Destas revocacións beneficiaríanse os artistas que recurriron as inspeccións, pero no caso daqueles que optaron por pagar as sancións a resolución de Facenda ten un carácter firme. 

Este proceso iniciouse hai tres anos, cando Espectáculos Lito remitiu documentación á Axencia Tribuntaria no marco da investigación por delitos fiscais da que estaba sendo obxecto. O organismo fiscal determinou que a sociedade non era "empresario dos artistas das orquestras", que "non realizaba a actividade musical" e que "non era a que recibía os cartos". A raíz desta consideración, Facenda reclamou imposto e impuxo sancións a músicos das orquestras, chegando algúns a embargar propiedades para facer frente a pagos que, nalgúns casos, superaron os 500.000 euros.


Comentarios
Lo más