Un vehículo chocou contra unha manada de xabarís en Ribadavia
11:18 22/11/18
11:18 22/11/18
O sinistro tivo lugar ó redor da medianoite na A-52 á altura de Ribadavia
Unha persoa chocou o turismo no que viaxaba contra unha manada de xabarís na A-52, á altura de de Ribadavia. Debido á gravidade das lesións, a persoa tivo que ser evacuada a un centro hospitalario.
O suceso tivo lugar ó redor das 00:15 horas, no punto quilométrico 252 da autovia, sentido Ourense. A propia persoa implicada no accidente alarmou ao 112. O GES de Ribadavia confirmou qeu o vehículo chocara contra cinco xabarís.