miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames celebra un pleno extraordinario para tratar cuestións de urxencia

Ames celebra un pleno extraordinario para tratar cuestións de urxencia
Foto de arquivo
Ames celebra un pleno extraordinario para tratar cuestións de urxencia

A cuestión principal é a aprobación dun suplemento de crédito por valor de 401.210,15 euros.

O Concello de Ames celebrará hoxe o pleno extraordinario que tratará os asuntos previamente abordados nas comisións informativas realizadas o pasado venres: a aprobación do suplemento de crédito 3/2018, por valor de 401.210,15 euros, financiado con baixas por anulación; a revisión ordinaria con Urbaser correspondente ao exercicio 2018; a terceira prórroga polo prazo dun ano do contrato asinado con Urbaser SA; a aprobación do proxecto corrixido para a cubrición do parque infantil da praza de Chavián, en Bertamiráns; e o cambio de periodicidade da rendición de información trimestral ao pleno sobre o estado de execución do Orzamento e dos movementos de tesourería.

Deste xeito, proponse ao Pleno a realización dun suplemento de crédito financiado con baixas por anulacións de crédito en aplicacións do orzamento non comprometidas, para executar outras actuacións como as obras de rehabilitación de Ponte Cabirta ou realizar unha achega municipal para a substitución do céspede sintético no campo de fútbol de Bertamiráns. Así mesmo existen certas actuacións que é necesario acometer antes de finalizar o exercicio, como o caso do arranxo da cuberta na Escola municipal de O Bosque.

Por outra banda, abordarase a revisión ordinaria de Urbaser correspondente ao exercicio 2018. O pasado 19 de outubro de 2018 a empresa concesionaria do servizo de limpeza solicitou a revisión de prezos para o exercicio 2018 do canon principal. Ademais, durante o ao 2018, xeráronse atrasos debido á actualización do canon, tanto o principal como a ampliación, que ascende a 538,63 euros máis IVE mensuais. O importe dos atrasos facturarase pola empresa concesionaria, de forma independente á facturación mensual.

Asemade, haberá que tratar a terceira prórroga, polo prazo dun ano, do contrato asinado con Urbaser S.A. para a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do Concello de Ames, a contar dende o 15 de xaneiro de 2019 e ata o 14 de xaneiro de 2020.

En canto ao proxecto técnico de Instalación e cubrición de area de xogos, ordenación e implantación de elementos no parque infantil da praza de Chavián, en Bertamiráns, existe a necesidade de realizar correccións de tipo técnico de pequena importancia e que non alteran substancialmente o proxecto nin modifican o seu orzamento.

Por último, Pleno decidirá sobre a proposta de cambio de rendición de información trimestral sobre o estado de execución do Orzamento e dos movementos de tesourería, por operacións orzamentarias independentes e auxiliares do orzamento e da súa situación, para os meses febreiro, maio, agosto e novembro. Así, remitiríase pola Intervención ao Pleno no mes seguinte da súa remisión ao Ministerio de Facenda, a través da Oficina Virtual de coordinación financeira coas entidades locais.

Comentarios
Lo más