miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Representantes dos Concellos de Teo e Ames reúnense con membros da Consellaría de Infraestruturas

Representantes dos Concellos de Teo e Ames reúnense con membros da Consellaría de Infraestruturas
Representantes dos Concellos de Teo e Ames reúnense con membros da Consellaría de Infraestruturas

Avanzaron na proposta da liña circular Teo-Ames-Santiago, que melloraría a mobilidade transversal de dous municipios da coroa da Comarca.

A concelleira de Mobilidade de Teo, Conchi García, e o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos de Ames, Blas García, reuníronse en Santiago co Subdirector Xeral de Planificación da Xunta, Héctor Presas, co obxectivo de avanzar na proposta da liña circular Teo-Ames-Santiago feita no pasado mes de marzo e que melloraría a mobilidade transversal de dous municipios da coroa da Comarca.

O representante da Xunta de Galicia asegurou a intención do Goberno de incluír esta liña circular no proceso de licitación das novas liñas de transporte metropolitano encadradas no mapa concesional do Transporte Metropolitano Galego, previsto para o primeiro trimestre do 2019.

A proposta de reformulación do servizo, concibida colectivamente polos dous Concellos, ten como obxectivo abordar algunhas das melloras necesarias, que ata o de agora foron imposibles de implementar debido as actuais condicións contractuais, marcadas cando as necesidades de mobilidade eran outras. A nova proposta inclúe a creación de novas trazados, frecuencias e franxas de servizo que responda ás necesidades dunha poboación en constante crecemento, a cal precisa maioritariamente dunha boa comunicación entre os seus núcleos máis poboados e tamén con Compostela.

Deste xeito, o novo proxecto concretaríase nunha liña circular xurdida do actual servizo que nace na rúa da Rosa, en Santiago, e que despois de pasar polo Milladoiro percorre a parroquia de Calo e finaliza o seu servizo en Luou. A nova liña de trazado circular proseguiría por Cacheiras e Os Tilos dirixíndose novamente a Santiago. Esta proposta incrementaría o número total de potenciais usuarios en 9.000 veciñas e veciños beneficiados pola prolongación da liña.

No tocante aos horarios,a nova proposta mantén os actuais para os días laborais. Non obstante, a reformulación do servizo incrementa, durante as fin de semana, un par de servizos de ida e volta pola mañá, franxa horaria que actualmente non conta con oferta. Ademais, este servizo de disposición circular contaría con dous sentidos de circulación, un con saída no sentido Intermodal – Teo – Ames – Intermodal e outro no sentido Intermodal- Ames – Teo – Intermodal.

Comentarios
Lo más