miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Record de participación no VI Concurso de Fotografía "Paisaxes de Boqueixón"

Record de participación no VI Concurso de Fotografía "Paisaxes de Boqueixón"
"Solpor entre néboas" de Isaac Pérez Vázquez
Record de participación no VI Concurso de Fotografía "Paisaxes de Boqueixón"

Entre os tres finalistas repártense ata 350 euros en premios

Preto de 90 imaxes enviadas batiron o record de participación deste certame que vai pola sexta edición. Dende a organización, que promove a Biblioteca Municipal, amosáronse "moi satisfeitos pola excelente resposta acadada".

O xurado salientou "a calidade das fotografías, algunhas delas cunha técnica do máis axeitada", así como "a representatividade de todas elas", amosando as fermosas paisaxes que se poden atopar dentro do municipio de Boqueixón. Das 86 fotografías remitidas, o xurado seleccionou un total de 12 finalistas. Dende a biblioteca indican que "estas imaxes comporán o tradicional calendario que o Concello de Boqueixón edita todos os anos e co que agasalla á veciñanza polo Nadal".

Entre as finalistas escolléronse as tres gañadoras. O primeiro premio foi para Isaac Pérez Vázquez por Solpor entre néboas; o segundo posto para Alejandro Nieto por Raios crepusculares; e o terceiro foi para Fernando Lueiro Balado por Atardecendo coa raíña.

As fotografías que conformarán o calendario do 2019 do Concello de Boqueixón serán:

- Campo de millo na noite, de José Emilio Gómez Crespo

- A Ponte, de José Emilio Gómez Crespo

- Rolos de herba, de José Emilio Gómez Crespo

- O Pico Sacro sobre as nubes, de Lorena Couto Rey

- Igrexa de Santa María de Lestedo, de Rosa Mª Liñares Liñares

- Muíño de Codeso, de Cristina Rosende Liñares

- Fervenza de Codeso, de Elisabet López Carvalhais

- Crepúsculo, de Alejandro Nieto

Comentarios
Lo más