miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reyes mantivo unha xuntanza cos traballadores de Ferrovial en relación aos centros socioculturais

Reyes mantivo unha xuntanza cos traballadores de Ferrovial en relación aos centros socioculturais
Reyes mantivo unha xuntanza cos traballadores de Ferrovial en relación aos centros socioculturais

O edil tamén denunciou o problema que existe coas nóminas, xa que, como explicou, malia que os empregados cobran menos por axustes das tablas salariais, o Concello paga o mesmo a Ferrovial

O grupo municipal socialista engadirá ás preguntas que xa ten formulado ao goberno local sobre multitude de irregularidades da xestión dos centros socioculturais, outras relativas ao número de usuarios das actividades e sobre o recadado para levalas adiante, en comparación, ademais, cos datos do ano pasado. 

Estas preguntas xurdiron unha vez que o voceiro socialista, Paco Reyes, mantivo unha reunión con representantes do comité de empresa de Ferrovial, a concesionaria deste servizo, que trasladaron ao grupo as queixas que levaron a traballadores e usuarios e desenvolver unha serie de reivindicacións.

Como destacou Reyes, as protestas dos traballadores non só teñen como orixe a defensa dos seus dereitos, senón tamén garantir a calidade do servizo. E, a este respecto, o voceiro subliñou que "toda a desorganización que existe coa programación ten incrementado o número de baixas, tanto por renuncias de monitores como de tipo médico". Así, na actualidade máis dun tercio dos traballadores non están en activo, "o que incide na calidade do servizo".

O edil tamén denunciou o problema que existe coas nóminas, xa que, como explicou, malia que os empregados cobran menos por axustes das tablas salariais, o Concello paga o mesmo a Ferrovial. 

"Se por exemplo, antes un traballador cobraba 600 euros e agora pasa a cobrar 400, hai un beneficio extra para a empresa de 200 euros, posto que o Concello segue achegando a mesma partida", indiciou Reyes, que engadiu que "o Concello, e máis cun goberno que se di de esquerdas, ten que esixri que os empregados desta concesionaria estean ben pagados e cun servizo de calidade".

A duplicidade de actividades coas que prestan as asociacións de veciños, ou o feito de que na actualidade aínda hai centros -os do rural- nos que as e os usuarios teñen as actividades pegadas pero sen impartir, son outras denuncian trasladadas polo comité de empresa ao grupo socialista. Para Reyes, deste "descontrol" e "descoordinación" é responsable o goberno de Compostela Aberta.

Comentarios
Lo más