miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CxG pide unha modernización do transporte urbano da cidade

CxG pide unha modernización do transporte urbano da cidade
CxG pide unha modernización do transporte urbano da cidade


Dende Compromiso instan ao concelleiro responsable, Jorge Duarte, a “que se esforce moito en explicar o novo plan de transporte”


Xoán Bascuas vén de sinalar a situación de provisionalidade do bus urbano. Segundo o candidato galeguista, “a desidia do goberno municipal está a provocar que o servizo se ofreza en precario”, con autocares antigos en mal estado e mesmo algúns deles de segunda man. 

Dende Compromiso instan ao concelleiro responsable, Jorge Duarte, a “que se esforce moito en explicar o novo plan de transporte”, xa que obvia moitos dos problemas que ten este servizo esencial para a cidadanía, e que deixa "moitas dúbidas" sobre como van ser as frecuencias das prolongacións dunhas liñas xa de seu moi longas e como se vai "solventar o servizo ao rural mediante o bus á demada".

Entre as propostas que realizan os galeguistas hai medidas como o noitebús ou bus nocturno; “autobuses máis pequenos, para traxectos máis pequenos”, pero con máis frecuencia; o funcionamento real das pantallas informativas; que os buses estean adaptados ás necedidades das persoas xordas. Para rematar, Bascuas tira como conclusión que “non é propio dunha capital de primeira, ter servizos de segunda” como é o caso dos autobuses en Santiago.

Comentarios
Lo más