Oroso súmase á campaña "En negro contra as violencias"
O concello programa actividades para o día de hoxe para conmemorar o Día Internacional de Loita Contra a Violencia ás Mulleres
O Concello de Oroso súamase por segundo ano consecutivo á campaña En negro contra as violencias co motivo da conmemoración do Día Internacional de Loita Contra a Violencia ás Mulleres.
María del Carmen Liste, concelleria de Muller en Oroso, agradece "a gran implicación do comercio e de moitos outros colectivos" e apoia "un pacto social e político real contra as violencias machistas, un pacto no que os concellos temos moito que dicir".
Os actos de hoxe inclúen unha obra de teatro e un peche do comercio local durante unha hora. Ás 12:00 horas haberá una lectura dun manifesto na Alameda de Gois e representación da canción O respecto para cando polo alunado do IES Oroso.