miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

441 obras presentadas para o Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal do Concello de Ribeira

441 obras presentadas para o Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal do Concello de Ribeira
441 obras presentadas para o Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal do Concello de Ribeira

O certame xa ten persoa gañadora e está previsto que hoxe se desvele a identidade

Dun total de 441 obras será escollida a obra gañadora do Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal que ilustrará a cartelería do Concello nestas festas. As obras son procedentes de seis centros do municipio: Amicos, Artes, Frións, Galaxia, Palmeira e A Milagrosa.

O xurado, formado por Eugenia Gómez, Olegario Sampedro, Miguel Ángel Vidal e Herminia Pouso, reuniuse o luns pola tarde para deliberar e o certame xa ten persoa e obra gañadoras. Está previsto que hoxe se desvele a identidade da persoa e a creción nun acto previsto no Consistorio local. A persoa gañadora levará un diploma e un agasallo sorpresa mentres que o seu centro recibirá un lote de libros para a súa biblioteca.


Comentarios
Lo más